lunes, 23 de junio de 2008

Cerámica de Sargadelos:Laboratorio de Formas

O Laboratorio de Formas non nasceu coa intención de ser unha escola de arte vangardista como fora a Bauhaus ou unha institución científica e técnica do deseño industrial como fora Ulm (Alemaña); non trataba tampouco de se converter no que Vchutemas, un instituto visionario que uniu artistas, enxeñeiros, filósofos e poetas nunha situación histórica nova; non procuraba sequera conformar un movemento artístico icona de modernidade como fora o De Stijl e, sen embargo, o Laboratorio dende os seus comenzos ven estando íntimamente vencellado a todos eses fenómenos.


O Laboratorio foi creado como un ente teórico, un viveiro de ideas, un responsable ideológico; o L.F. son dúas siglas que encerran un proxecto de rehabilitación da identidade e da memoria histórica dentro e fóra de Galiza, un epígrafe de compromiso coas causas xustas nado no exilio e desenvolto no contexto do final da dictadura española.
O Laboratorio partiu da utopía de que o deseño, a configuración, podía cambiar o mundo, e máis concretamente Galiza. Baixo ese ideario argalláronse e materializáronse un rosario de proxectos estratéxicos para abranger distintos campos de acción como o mundo da empresa, a arte, a comunicación, a investigación, etcétera.


Máis que unha empresa o Laboratorio é todo un movemento para axudar a Galiza que fixo posible proxectos como a fábrica Porcelanas de Magdalena (1956), a renovación de Cerámicas do Castro (1962) e a recuperación de Sargadelos (1970); o Laboratorio desenvolviu unha importante labor de divulgación a través dunha editorial propia, Ediciós do Castro (1963) e do Instituto Galego de Información (1977); impulsou a creación dun centro para a recollida da obra e da documentación do movemento renovador da arte galega, o Museo Carlos Maside (1970); promoveu a investigación en diferentes áreas do coñecemento a través do intento de restitución do Seminario de Sargadelos (1972), adicado a investigación, identificación de materiais e conceptos deseñísticos para proxectalos na cerámica, e foi impulsor dos encontros internacionais en Sargadelos e do Laboratorio de Industria e Comunicación (1978), pensado para dar acollida ao Laboratorio Xeolóxico de Laxe (1979), a unha industria de artes gráficas, á escola de cerámica, aos obradoiros de composición, deseño, serigrafía e outros.

O Laboratorio deseñou ademáis unha rede de Galerías Sargadelos adicadas á arte, aos libros e á cerámica, que foron durante décadas a canle máis directa de difusión da labor do Laboratorio e unha oposición aos intereses mercantilistas dominantes.

Este texto está recollido do limiar do libro: estudo de Begoña Sonería Beloso]
[Edita:
EDICIÓS DO CASTRO]


Atopau: Casa das Letras

No hay comentarios: